Go Cactus, de concerto hoxe no cámping Lago-Mar muxián

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O cámping Lago-Mar xa ten afianzado o seu peso cultural na comarca. Na imaxe, unha presentación literaria e musical, en fotografía de arquivo
O cámping Lago-Mar xa ten afianzado o seu peso cultural na comarca. Na imaxe, unha presentación literaria e musical, en fotografía de arquivo BASILIO BELLO

Na Laracha, por outra banda, o Concello fará avanzar o programa cultural no Museo dos Muíños de Golmar 

08 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

19.30 horas • Entre as citas que trae a axenda deste mércores 8 de xullo á Costa da Morte está unha dobre parada no cámping Lago-Mar de Muxía. Alí, ás 17.00 horas, está programado un obradoiro de mandala con Lenita, mentres que ás 19.30 comezará un novo concerto, o de Go Cactus. Rock&roll directo e enérxico, segundo avanzan dende o cámping, chegado dende as Illas Baleares. Ambas propostas nutren un intenso xullo neste espazo cultural.

«Xira a moa» no museo dos muíños de Golmar

Hoxe • O Concello larachés, por outra banda, ten en marcha Xira a moa, un programa cultural no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, en Golmar. Entre hoxe e o venres desenvolverase un obradoiro para rapaces de entre 4 e 6 anos: de 10.30 a 13.00, Caderno dos muíños. É precisa a inscrición: 647 828 559.