As espeteiras comunais volven ás praias de catro concellos

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

As espeteiras instaladas o pasado verán.
As espeteiras instaladas o pasado verán. ANRTONIO NODAR

Estes xogos, para uso colectivo, estarán dispoñibles nos areais do Ézaro, Estorde, Quenxe e Sardiñeiro

25 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Os areais do Ézaro, Estorde, Quenxe e Sardiñeiro volverán a contar este ano coas espeteiras comunais grazas á colaboración entre a cooperativa cultural Azul mais Verde, a Asociación de familias con persoas con discapacidade Aspadex e os concellos de Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra. Será a partir dos últimos días deste mes cando estes obxectos de xogo estean dispoñibles nas praias ata finais de agosto. É un proxecto que recupera a memoria e a tradición e potencia a inclusión social e a conciencia medioambiental.