Os interesados en participar no certame teñen ata o 28 de xuño para facer chegar os seus traballos
21 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Ata o 28 de xuño está aberto o prazo para participar no II Certame de Microrrelatos Irmandiños ligado ao Asalto ao Castelo de Vimianzo. Han de ser en lingua galega, cun máximo de 50 palabras, con temática da revolta irmandiña. Os interesados en participar no concurso han de facer o envío a incude@udc.gal, con dous adxuntos: un co relato en cuestión e outro cos datos persoais do autor do traballo.