En Basilea, Suíza, festexan tamén o San Xoán

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

En Suíza non lles faltarán hoxe boas viandas, como o polbo
En Suíza non lles faltarán hoxe boas viandas, como o polbo ANA GARCÍA

A Sociedade Galega Sementeira organizou tres día de festa, que conclúen hoxe

21 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Sociedade Galega Sementeira festexa xa dende o venres o San Xoán. Tal cal en Carballo ou noutras vilas da Costa da Morte, pero na emigración e, máis concretamente, na Praza Claramatte de Basilea (Suíza). O DJ Javinuu ou o grupo de gaitas Semente teñen moita presenza no programa, que pechará hoxe con novas racións de música e de gastronomía. Non lles faltará alí nin polbo nin churrasco.