Badius e o CEIP Labarta Pose de Baio arrasan no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

<span lang= gl >O CEIP Labarta Pose gañou na categoría de mellor obra benxamín por «Os Poetas e o Lume». Á esquerda, Sinda Cundíns, que gañou mellor dirección</span>
O CEIP Labarta Pose gañou na categoría de mellor obra benxamín por «Os Poetas e o Lume». Á esquerda, Sinda Cundíns, que gañou mellor dirección Iago Lopez

Premios á mellor interpretación, dirección e obra na gala celebrada onte no Teatro Colón de A Coruña

13 jun 2026 . Actualizado a las 12:48 h.

A tradición teatral baiesa, que se remonta a mediados do século pasado, tivo onte á noite un especial protagonismo na gala de entrega de premios do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado, que promoven o IES Rosalía Mera e a Deputación da Coruña.

O encontro, que alcanzou este ano a súa vixésimo sétima edición, deixou destacadas cifras: 947 participantes, 74 obras representadas, 35 compañías na categoría afeccionada e 35 grupos nas seccións escolares e máis dunha trintena de premios a entregar en recoñecemento á calidade das propostas, ao esforzo dos elencos e dos equipos técnicos e ao papel «fundamental» que desempeñan centros educativos, asociacións culturais, compañías afeccionadas, profesorado, familias e voluntarios «na promoción do teatro», apuntaron dende a institución provincial.

Na categoría benxamín triunfou o CEIP Labarta Pose con tres galardóns para a peza Os Poetas e o Lume: mellor actuación de reparto, para María Cundíns Castro; mellor dirección, para Sinda Cundíns Caamaño, e tamén mellor obra.

Marco Álvarez, á dereita, durante unha representación de «O Parvo». Pablo Soto, no centro, tamén estaba nomeado na mesma categoría
Marco Álvarez, á dereita, durante unha representación de «O Parvo». Pablo Soto, no centro, tamén estaba nomeado na mesma categoría ANA GARCÍA

E na sección de teatro afeccionado saíu vitorioso o grupo Badius, que vén de festexar recentemente o seu cuadraxésimo aniversario. A montaxe de O Parvo valeulles un galardón á mellor actuación, para Marco Álvarez, que o logra por quinta vez; á mellor dirección, para Alberto Villar, e á mellor obra.