Rapaces de quinto e sexto de primaria preparon sete experimentos científicos, que amosaron aos seus compañeiros de centro
12 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Preto de seiscentos rapaces do CEIP Otero Pedrayo de A Laracha participaron onte nunha nova edición do Día da Ciencia, unha actividade que leva facéndose máis de dez anos e que se impulsa ao abeiro do programa Voz Natura. Segundo explicou Cristina Couto, coordinadora da actividade, rapaces de quinto e sexto de primaria foron os encargados de preparar sete experimentos científicos que, ao longo da mañá de onte, foron presentando aos seus compañeiros.
Pasta de dentes de elefante, masa non newtoniana, o foguete, frechas máxicas, torbellino de auga, un globo que non explota e pompas indestrutibles foron as curiosas creacións que puideron coñecer os pícaros, que se respondían correctamente a unha pregunta en cada estación, podían optar a un agasallo.
Dende o centro valoran moi positivamente esta actividade de lecer, cooperación e aprendizaxe. «É unha actividade bonita porque participa todo o centro e, ao final, todos os nenos acaban querendo facer experimentos», indican.