Presentou ao certame literario da editorial Medulia un texto titulado «Suite para sandar»
03 jun 2026 . Actualizado a las 20:09 h.A oitava edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal, convocado pola editorial Medulia, xa ten gañadora. Aberta a plica, vén de coñecerse o seu nome: a coruñesa Begoña Graña Suárez. Merece este galardón polo seu texto Suite para sandar. Begoña, á marxe de poeta, é doutora especialista en oncoloxía, recoñecida oncóloga do Sergas da que teñen destacado a unión de miradas científica e poética, a súa especial sensibilidade.
O Premio Eduardo Pondal reportaralle a publicación da obra. Súmase así Begoña aos nomes que estes anos veñen agrandando a dimensión literaria do bardo pontecesán. Entre a súa obra xa está Médico de garda e tamén outros premios como o Pura e Dora Vázquez de literatura infantil e xuvenil no ano 2020 ou a mención no Manuel Oreste Rodríguez por Lethoeus.
Medulia Editorial ten entre os seus piares a Diana Varela Puñal, escritora cormelá con querenza especial por Bergantiños, de aí o impulso a este certame que leva por nome o do ilustre autor da letra do Himno galego.