Medio ambiente, Apego e charla de saúde na axenda deste mércores 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

La obesidad ya se empieza a estudiar como una enfermedad con diferentes subtipos.
La obesidad ya se empieza a estudiar como una enfermedad con diferentes subtipos. La Voz de la Salud | iStock

Para este 3 de xuño son varias as ciitas divulgativas na Costa da Morte: tome nota das capitais 

03 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Este mércores 3 de xuño trae varias citas á Costa da Morte, dúas delas en Carballo, sumadas en todo caso ás xornadas «Noroeste 0 Emisións» (ver aquí). Unha corresponde á Semana do Medio Ambiente impulsada dende o Concello, un taller de dixitalización 3D de mostras paleontolóxicas. Está previsto para as 17.00 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, unha sesión impartida por profesionais do Grupo de investigación en cambio ambiental e paleontoloxía da Universidade da Coruña.

Tamén en Carballo avanzará o programa Medrando con Apego, e terá como punto de encontro o mesmo que a anterior actividade, e incluso igual hora: pequenos de 0 a 6 meses poderán participar nunha tarde de psicomotricidade e neurodesenvolvemento, con Esther Fuentes. Por outra banda, en Coristanco, o programa Vive+ continúa con outra cita relativa á saúde. Ás 10.00 horas, na biblioteca, sesión informativa sobre a obesidade.