Todas elas serán neste mes de xuño: Malpica, Cee, Cerceda, Vimianzo e Carballo
03 jun 2026 . Actualizado a las 23:15 h.A área da Cultura da Deputación impulsa unha nova edición da Festa da Música, quince concertos en trece concellos da provincia ao longo deste mes de xuño. Cinco deles están na Costa da Morte. A iniciativa forma parte da conmemoración do Día Europeo da Música —21 de xuño—. «Traballamos da man dos concellos para que cultura chegue a toda a provincia e para apoiar artistas que representan a riqueza e a diversidade da música galega actual», apuntou Natividade González, deputada de Cultura. Fixo fincapé, pois, na descentralización. O Cuarteto Debiselas actuará este 6 de xuño en Malpica (20.00 horas, centro cívico), e o 28 no auditorio de Cerceda. Anxo Araújo pasará por Cee o 27; Su Garrido Pombo, o 21 por Carballo, e Belém Tajes, o 19 polo auditorio vimiancés.