Citas capitais do verán da Costa da Morte comezan a divulgar carteis
03 jun 2026 . Actualizado a las 23:16 h.O verán está a chegar e as principais citas festivas dese tempo activan a conta atrás. Xa andan polas redes os carteis do Carme de Camariñas ou a Rapa das Bestas de Vimianzo, entre outras moitas, e se de carteis se fala, vén de ser presentado tamén o da XLI Mostra da Olería de Buño (Malpica), a 41.ª edición: do xoves 30 de xullo ao domingo 2 de agosto. Deuse a coñecer a imaxe deste 2026 o sábado, no adro da igrexa de Buño, precisamente o que será emprazamento da Mostra. Dende a Asociación Oleira de Buño remiten a próximas datas para coñecer a programación completa. Nela estará presente, avanzan, a segunda Cocedura Tradicional Aberta.
Con respecto á Rapa de Vimianzo, garde data para o domingo 19 de xullo, por máis que os actos xa comezarán o sábado. No Carme de Camariñas estarán Olympus, panorama City, La Fórmula ou Bomba.