Branca Vilela, Isabel Tasende e Nuria Vil: tres voces que espallaron letras pola Costa da Morte
CARBALLO
O mes de maio rematou cunha boa xeira de presentacións literarias
02 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.«Hice muchas presentaciones de libros a lo largo de mi carrera literaria (...) pero sin duda me quedo con la de ayer en Espiral Maior Foro». Isto dixo nas súas canles sociais a escritora Branca Vilela acerca da xornada que viviu o pasado venres no establecemento carballés, onde tivo oportunidade de presentar a novela Ultreia no Camiño Inglés: a misión do Ara Solis.
Na mesa con ela, o director do espazo, Miguel Anxo Fernán Vello, e dous acompañantes moi especiais: Daniela Muíño Viña e Mateo Bermúdez García, alumnos do colexio Fogar e do CEIP A Cristina de Carballo, respectivamente, e pequenos aspirantes a literatos. «Les regalé un ‘‘set de escritor'' que consistía en una pluma, un bloc y un libro y les dije que esas eran las herramientas que necesitaban, pero sobre todo leer mucho. Ojalá en diez años sea al revés y yo me encuentre acompañándolos a ellos en sus presentaciones», desexou Branca.
Mentres o mes de maio se aproximaba á súa recta final, pola biblioteca municipal de Coristanco pasaba así mesmo a carballesa Silvia Tasende para presentar o seu poemario Pel Memoria, para falar do seu proceso creativo e para compartir cos presentes un fermoso faladoiro arredor da poesía, a literatura e a importancia «de escribir e sentir dende a verdade», expresan dende o Concello coristanqués.
E en Malpica, Nuria Vil, gañadora da última edición do certame Illas Sisargas, presentou a súa obra: Desobediensia.