APTCM suma como socio á Fundación Pondal, un «fito histórico» para a entidade

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Varela e Formoso, nos estudos de Radio Voz este venres
Varela e Formoso, nos estudos de Radio Voz este venres .

Pepe Formoso e Xosé María Varela incidiron en Radio Voz na importancia de «remar na mesma dirección»: divulgar o territorio e, tamén, ao bardo 

31 may 2026 . Actualizado a las 16:41 h.

Turismo e cultura van da man. Con esa idea como eixo, a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) vén de incorporar como socio á Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso). Así o comunicaron en Radio Voz os presidentes de ambas entidades, Pepe Formoso e Xosé María Varela. «Un fito histórico. O turismo é transversal, e que máis transversal ca esta incorporación, co seu Festiletras [que aspira á declaración de Interese Turístico] e todo o que significa a fundación para a Costa da Morte», festexou Formoso: «Esta boa nova emociona ou, cando menos, emociona na directiva da nosa entidade». 

Varela amosou compartida a idea de visibilizar a Costa da Morte, «nós dende o punto de vista cultural e literario»: «Debemos remar xuntos na mesma dirección, e a dirección é unha: dar a coñecer o noso territorio». Son máis de 40 años traballando pola divulgación da figura do bardo Pondal, autor da letra do Himno galegao, empeño que agora APTCM fai seu: «Que Pondal sexa o escritor de toda a Costa da Morte, que ninguén marche de aquí sen saber del, porque a literatura é peza clave do noso territorio. O turismo literario vende».

Tamén é esta a terra de López Abente, do Batallón —a Fundación foi das primeiras entidades en publicar obras súas— ou de Labarta Pose. Chamou Formoso á visión comarcal: «Se toda a Costa da Morte estivese con Labarta, outro galo cantaría». Doutro lado, tata de ampliar marcos e latitudes a Fundación, con próximas iniciativas como un libro de receitas de mar de Juan Bautista Mato, unha ruta polo patrimonio relixioso de Corme ou unha honra á regueifeira Leonarda de Tallo, con implicación da Real Academia Galega. Todas elas son propostas próximas no tempo.