A Academia de Belas Artes recoñece á coral Brisas do Mar de Corme

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A coral Brisas do Mar, durante un dos seus festivais de Habaneras
A coral Brisas do Mar, durante un dos seus festivais de Habaneras BASILIO BELLO

O vindeiro 6 de xuño outorgaralles Premios á Constancia Musical «Marcial de Adalid»

28 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega de Belas Artes outorgará Premios á Constancia Musical «Marcial de Adalid» aos dezaoito compoñentes da coral Brisas do Mar de Corme, segundo informan dende a propia entidade.

Será durante unha sesión extraordinaria pública que a Academia celebrará o vindeiro 6 de xuño no Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte, ás 19.00 horas.

Abrirá o acto unha intervención do presidente, Manuel Quintana Martelo, e seguidamente Felipe Senén dará lectura ao acordo de concesión das devanditas insignias. A continuación, intervirán o académico numerario Juan Durán e o secretario da coral cormelá, Ramón Saleta. Clausurará, de novo, o presidente da Academia e actuará Brisas do Mar para finalizar.