Formación, lectura e letras para este martes na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Modesto Fraga presentará esta tarde en Santiago a reedición de «Do amor salgado»
Modesto Fraga presentará esta tarde en Santiago a reedición de «Do amor salgado» JUANMA ABELLEIRA RONQUETE

A Laracha, Cabana, Carballo e Santiago, mais con sabor a Fisterra, acollerán citas hoxe

26 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Martes 26 de maio e varias citas esta xornada na Costa da Morte:  

A Laracha • Botan a andar as III Xornadas para familias promovidas polo Servizo de Atención Temperá. Lorena Vilouta, logopeda, e Laura Quintanilla, fisioterapeuta, ofrecerán hoxe unha charla que leva por título Sinais de Alarma TEA: Importancia da intervención precoz. Ás 17.00, no Edificio Administrativo, con inscrición.

Cabana • Co apoio do programa Ler Conta Moito, continúa na biblioteca municipal María Baña de Cabana a programación das Letras Galegas. Hoxe a cita será con Ariadna Santana, coma sempre ás 17.00.

Carballo • Avanzan as sesións e grupos de apoio para familiares e coidadores de persoas con demencias promovidos por Afaber. O de hoxe será ás 16.00 horas, no local da entidade, en Mirón, Bértoa, Carballo. Dirixe Lara Rodríguez, psicóloga.

Santiago • Compostela con sabor a Fisterra. A libraría Couceiro, na praza de Cervantes, acollerá hoxe ás 19.30 unha nova presentación do libro de poemas Do amor salgado, de Modesto Fraga, reeditado por Aira Editorial. Co autor estarán César Lorenzo, Miro Villar e Luís González Tosar. A obra foi publicada por vez primeira no 1997 logo de ser galardoada co cuarto Premio de Poesía O Grelo-Amigos de Galicia, e coa de hoxe en Santiago serán xa catro as presentacións feitas, todas elas non nutrida participación. «É motivo de satisfacción, á vez que demostra que a creación literaria segue mantendo interese», traslada o escritor.