Raúl Soneira Barreira mereceu un segundo posto no certame #140EnPositivo, convocado pola Biblioteca da Deputación
21 may 2026 . Actualizado a las 00:20 h.O instituto Maximino Romero de Lema de Baio segue de noraboa. Se hai uns días unha alumna do centro, Sabela Nogueira, recibía o primeiro premio dos Contos de Primavera de La Voz, agora é outro estudante, Raúl Soneira Barreira, o que vén de ser recoñecido no 14.º concurso #140EnPositivo, convocado pola Biblioteca da Deputación co fin de fomentar a creatividade, a reflexión e a difusión de mensaxes positivas entre os mozos.
Raúl é alumno de primeiro de bacharelato, e obtivo o segundo posto na categoría B —mocidade de 14 a 17 anos— coa seguinte mensaxe: O cambio non comeza cando todo está listo, senón cando decides dar o primeiro paso aínda con medo. A entrega do galardón conlevou unha mañá intensa no Maximino: ata alí achegouse a deputada provincial de Cultura, Natividade González; o alcalde de Zas, Manuel Muíño, varias edilas da corporación, e persoal da propia biblioteca, dende a directora, Carmen Ferreiro, á dumbriesa María Lema.