O cormelán Lucas Rey, premiado co Dálle Like na categoría de Cultura

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Lucas Rey, no momento de recibir o seu galardón o pasado 16 de maio
Lucas Rey, no momento de recibir o seu galardón o pasado 16 de maio .

Os galardóns, na súa primeira edición, recoñeceron o traballo e talento de creadores de contido galegos

21 may 2026 . Actualizado a las 00:19 h.

O Círculo das Artes de Lugo acolleu esta pasada semana a primeira edición dos Premios Dálle Like, un galardón nacido para poñer en valor o traballo e talento dos creadores de contido, influencers e proxectos dixitais arredor da cultura e o idioma galego. Unha iniciativa que, por tanto, pretende andar camiño como punto de encontro da cultura dixital na comunidade. Foron habilitadas dez categorías e, en cada unha delas, un título de Galinflus do Ano. Pois ben, un deses títulos veu para a Costa da Morte e, máis concretamente, para Lucas Rey, no apartado de Cultura. Cormelán, tense amosado xa ben polifacético este cociñeiro, árbitro e humorista que trunfa cos seus vídeos e que alá por setembro do 2025, con só 22 anos, contaba que sempre fora «un rapaz con chispa». Tamén daquela, o top-8 dos perfís galegos máis vistos. Poden seguilo en diferentes plataformas.