Quedaban onte á tarde tan só cinco entradas na billeteira en liña para o concerto de mañá: 21.00 horas, no Pazo da Cultura
07 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá • Tan só cinco entradas quedaban onte ás seis da tarde na plataforma billeteira.carballo.gal para o concerto que Amancio Prada ofrecerá mañá na capital de Bergantiños. Será ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura, dentro dos Venres Culturais e con motivo do 50.º aniversario do seu disco Rosalía de Castro. De aí ese título Voces e pegadas de Rosalía de Castro.
«Este concerto non é só unha retrospectiva, senón unha reinterpretación madura e emocionante dos poemas máis míticos da autora», convidan. Unha experiencia de «escoita profunda», na que seguramente tamén haberá memoria da vila, 90 minutos de música e lírica, de pura emoción, con billetes accesibles por só 9 euros no caso da entrada xeral (5 a reducida). Adiós ríos, adiós fontes ou Campanas de Bastavales son algunhas das moitas pezas da obra rosaliana que chegarán ao Pazo.