A apertura e inauguración está programada para este xoves 7 de maio, ás 11.30 horas
06 may 2026 . Actualizado a las 23:45 h.Mañá • Concello de Dumbría, Abanca e Afundación presentarán e darán por inaugurada mañá na zona da pérgola da fervenza do Ézaro (Dumbría) a exposición de rúa Rostros das coleccións de Abanca e Afundación. Será ás 11.30 horas, con presenza do rexedor, Raúl González; o director de zona Santiago-Costa da Morte, Luís Braulio Álvarez; o director de oficina de Abanca, Aarón López; o coordinador institucional de Banca na Coruña, José Manuel Vilariño, e a coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación e responsable de exposicións, Paloma Varela. Poderá visitarse a mostra ata finais de mes. «Esta mostra [que forma parte do programa Corrente cultural] invita a explorar as diferentes interpretacións que os artistas fixeron (e fan) do xénero do retrato cunha selección de obras galegas pertencentes ás coleccións de arte Abanca e Afundación», avanzan. Nomes como Sotomayor, Ramón Caamaño, Julia Minguillón, María Antonia Dans, Segura Torrella, Maruja Mallo, Laxeiro ou Luís Seoane, entre outros, falan da importancia desta exposición e da oportunidade que supón a súa presenza na Costa da Morte.