Abre o prazo para o certame de micro teatro do FIOT

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Representación do certame Metro Cadrado, nunha edición anterior
Representación do certame Metro Cadrado, nunha edición anterior BASILIO BELLO

Alcanza o Certame Mico-Escenas Metro Cadrado a súa décima edición

06 may 2026 . Actualizado a las 00:38 h.

O FIOT abre convocatoria para participar na décima edición do Certame Mico-Escenas Metro Cadrado, unha liña de programación coa que busca ofrecer ao público creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade, así como apoiar a creación de novos formatos e de compañías ou creadores emerxentes.

Dende onte mesmo está aberto o prazo deste certame, que convida aos creadores a deseñar un espectáculo de entre 10 a 20 minutos que poida ser representado en espazos non teatrais o vindeiro mes de outubro. Espazos como unha xoiaría, unha tenda de moda, unha zapatería ou un parque, entre outros.

As pezas seleccionadas polo xurado recibirán unha compensación de 500 euros, optando a galardóns de 150 á mellor interpretación e ao mellor espectáculo.