As bibliotecas da Costa da Morte, plenas de vida na véspera do 23 de abril
CARBALLO
En Carballo promoven para hoxe un roteiro seguindo as pegadas de Cándido Alfonso González Tiradas
22 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Malpica pon en marcha unha nova edición das Tardes na biblioteca, un ciclo de contacontos que forma parte do programa «Malpica nun mar de letras 2026» e que traerá a partir deste venres tres propostas pensadas para nenos de máis de catro anos: Hotel Paraíso, de Galeatro, o propio venres 24; Umami, de Pérez&Fdz, o 8 de maio, e Contacomic, de Pablísimo, o 22 de maio. En tódolos casos, ás seis da tarde.
Tamén en Vimianzo argallaron unha programación especial con motivo do Día do Libro, que se conmemorará mañá, día 23 de abril. As propostas comezarán na biblioteca hoxe mesmo cun club de lectura infantil (17.30), e continuarán mañá con dobre actividade: un contacontos infantil de 17.30 a 18.30 e a presentación do libro En vísperas de nada, de José Pardiñas Alvite, ás 20.30. A programación continuará a semana seguinte, cun club de lectura para adultos, o luns (19.00); cun encontro con persoas maiores que compartirán as súas experiencias, o martes (19.00), e coa representación de Poeta (perdido) en NY, de El Aedo Teatro, o mércores (11.00).
Tamén en Cee, a Casa da Cultura rebosará vida estes días con motivo do Día do Libro. A completísima programación prevista polo Concello arrincará o propio xoves coa presentación do libro ilustrado El encuentro, de David Blanco (auditorio, 11.00 horas), e continuará o venres con outra presentación, neste caso do volume Cuando los sueños hablan, de Asier Fraga (biblioteca, 19.45). O sábado, representarase tamén no auditorio A libraría máxica, un espectáculo de Inventi Teatro (19.30), se ben o luns terá lugar na biblioteca un obradoiro de caligrafía empregando marcadores tipo pluma (18.00 horas).
E hoxe...
Continúa o Mes do Libro de A Laracha co espectáculo Gato con contos, de Manuela Contacontos (bilbioteca de Paiosaco, 18.00), mentres que en Carballo serán varias as propostas para hoxe: Coralinda, de Elefante elegante, para escolares na biblioteca Rego da Balsa; Moito conto, de Ana Prema, no mesmo recinto pero para público xeral (18.00), e ruta por Carballo seguindo as pegadas de Cándido Alfonso González Tiradas (19.00, punto de encontro na rúa do Muíño).
Máis axenda para hoxe: festas por San Xurxo e o deporte en persoas con cancro
En Camariñas comezan hoxe catro xornadas de festexos por San Xurxo: hoxe, nas vésperas, lanzamento de 21 bombas de palenque e repique de campás na igrexa parroquial.
Ademais, en Fisterra seguirán falando hoxe dos beneficios da actividade física nos pacientes con cancro. O taller, gratuíto, será na aula de deporte do Concello, ás 16.00 horas.
Dúas presentacións que están por vir
Arturo Lezcano, en Ponteceso
Venres • A Tenda dos Libros • Arturo Lezcano visitará o venres A Tenda dos Libros, en Ponteceso, para presentar O país invisible. Acompañará Marta Villar (19.00).
Carmen V. Valiña, en Baio
Sábado?•?Auditorio?• A autora local Carmen V. Valiña estará o sábado no auditorio de Baio falando de As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Conxo: ás 20.00.