Camariñas estreou un ciclo provincial polo Día do Libro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Unha imaxe de arquivo do Equipo Lectura na biblioteca de Gondomar
Unha imaxe de arquivo do Equipo Lectura na biblioteca de Gondomar M.MORALEJO

O programa, en torno ao documental «A rebelión da lectura», visitará agora outras localidades

12 abr 2026 . Actualizado a las 01:10 h.

A Deputación provincial da Coruña, dende a súa área de Cultura, vén de poñer en marcha un novo ciclo arredor do Día do Libro. Comezou na biblioteca de Camariñas este pasado venres, e agora irá pasando por Fene, Negreira, Betanzos, Cedeira, Rianxo, As Pontes, Mañón, Brión e Corcubión (15 de maio). A proposta ten como eixo central o documental A rebelión da lectura, producido por Espazo Lectura e dirixido por Alma Alonso e Asun G. Losada, coas que se pode participar dun coloquio durante estas sesións, ademais de visionar a peza, de 98 minutos e estreada este mesmo 2026.

«Esta iniciativa pretende afondar no papel da lectura como ferramenta de transformación social e promover o diálogo sobre os hábitos lectores e o acceso á cultura», trasladou Natividade González, deputada. Abórdanse vinte anos de traballo arredor do libro como elemento socializador e de construción comunitaria, «poñendo o foco no voluntario e compromiso colectivo»