Activismo musical na Costa da Morte con dúas rapeiras de El Salvador

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Unha das actividades de Activistas polo mundo que queremos que xa ten habido na comarca
Unha das actividades de Activistas polo mundo que queremos que xa ten habido na comarca

Pasaron polo IES de Ponteceso e pasarán polo de Muxía dentro do programa «Activistas polo mundo que queremos»

10 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Alumnado o IES Eduardo Pondal de Ponteceso (xa o xoves), do IES A Paralaia de Moraña (onte), do IES do Milladoiro de Ames (luns e martes) e do IES Caamaño de Muxía (mércores 15) anda a recibir a vista de dúas activistas salvadoreñas que defenden a igualdade de xénero a través da súa música. Yezli Mic e QueenMc son compositoras e rapeiras integrantes do colectivo Hip Hop Femenino El Salvador, primeira organización de mulleres rapeiras do país. A actividade que chega á comarca está encadrada no proxecto de educación para o cambio social Activistas polo mundo que queremos, xa na súa 13.ª edición. É posible grazas á unión de tres ONG: Agareso, ACPP e Solidariedade Internacional de Galicia, co apoio da Dirección Xeral de Exteriores.

Yezli Mic e QueenMc, ás que poden seguir en redes, empregan o hip hop como ferramenta para o activismo —no que os rapaces se mergullan de cheo—, a promoción da paz e a loita contra a violencia sobre a muller.