Axuda de 47.000 euros da Xunta para o FIOT carballés

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Pequeno avance, antes da edición do 2025, do que sería a programación do FIOT
Pequeno avance, antes da edición do 2025, do que sería a programación do FIOT ANA GARCIA

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de facer pública a resolución 

07 abr 2026 . Actualizado a las 17:06 h.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, vén de facer pública a resolución de subvencións para festivais de artes escénicas na comunidade, un fin ao que se destinarán 290.000 euros entre 13 citas a levar a cabo nas catro provincias galegas. É un 3,5 % máis ca no 2025. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia, e nesa relación ten presenza o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), impulsado dende a asociación Telón e Aparte e o Concello carballés. Para este 35.º encontro, a Xunta destinou un total de 47.311 euros, sendo 60.000 o importante solicitado. É a segunda achega máis importante logo da que levará a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, neste caso cunha dotación que sobe a 55.388 euros.