A nova produción de Alejandro Gándara poderase ver en aberto dende hoxe
31 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Logo das dúas exitosas presentacións celebradas en Zas e Carballo, A Costa e os castelos, nova curtametraxe documental do baiés Alejandro Gándara, estará dende hoxe dispoñible, e en aberto, na plataforma Youtube. Trátase dunha proposta audiovisual arredor da historia, a memoria, a paisaxe e o patrimonio da Costa da Morte que foi realizada co apoio da Deputación.