A apertura oficial do encontro está programada para as 10.30 horas deste sábado 14 de marzo
14 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe e mañá • Entre as 10.30 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 20.00 horas estarán abertas as tres carpas climatizadas nas que hoxe e mañá se desenvolverá a segunda edición de Ponte Friki. Será no pavillón polideportivo de A Ponte do Porto, Camariñas, unha cita impulsada dende a Asociación Carnavales Ponte do Porto (PonteDisfraz) co apoio municipal e que neste 2026 medra en cantidade e calidade dada a boa acollida da edición inaugural. Entre os espazos temáticos, Zona Gaming, Zona de Talleres, Zona de Estands e exhibición e espazo de escenario e lecer. Ponte Friki está concibido como o gran evento dedicado á cultura xaponesa, ao gaming, o cosplay e o lecer alternativo na comarca: a entrada dun día custa 6 euros; a de dous, 9.
Nesta primeira velada de sábado cómpre resaltar momentos que serán clave. Por exemplo, ás 17.30, o concerto da pianista e creadora de contido Elesky. Ou o lanzamento conxunto de faroliños voadores ao ceo, ás 20.00. También a PartyFriki que comezará a iso das 21.00, con acceso gratuito, música de Os Gremlins e DJ Mai e só un requisito: portar algo que sexa «friki».