Axenda diaria | Carballo, Camariñas ou Caión teñen interesantes actividades este 12 de mazo
12 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Xoves 12 de marzo e unha completa axenda para a Costa da Morte. Esta:
Carballo • Ás 19.00 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura, inauguración da exposición Alfredo Brañas Menéndez, XIX-XXI, 125 anos do seu pasamento, con visita guiada a cargo da comisaria, Belén Trigo. Novas perspectivas do intelectual. Organiza esta exposición a Universidade de Santiago, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, as Fundacións Alfredo Brañas e Castelao e o Concello carballés. Ata o 12 de abril!
Caión (A Laracha) • O programa municipal polo 8M, Día da Muller, inclúe para esta tarde na biblioteca de Caión un contacontos con Tamara R. Pereira, educadora social: ás 18.00 horas. Unha proposta para pequenos de 5 a 8 anos de idade, na que a través do xogo se afondará nun concepto de relevancia: a igualdade.
Camariñas • No Museo do Encaixe, tamén parte do programa do 8M, II Club de Mulleres, neste caso para crear velas: 17.30 horas. Xusto unha hora despois, ás 18.30, proxectarase o documental Chicas nuevas 24 horas, con entrada libre ata completar aforo. É un traballo da actriz e directora Mabel Lozano. Aborda a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.
Vimianzo • De pasar pola Casa da Cultura, é un bo día para achegarse ás obras pictóricas de Onde habitan as mouras: cartografía de nós, a nova exposición da artista muxiá Viki Rivadulla na sala Antón Mouzo. Acceso libre de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.