Preparan unha exposición sobre o que foi un centro de entretemento da comarca e piden que todo aquel que o conserve aporte material
09 mar 2026 . Actualizado a las 23:23 h.A asociación O Quinteiro inicia un novo proxecto de recuperación da memoria de Buño, a exposición fotográfica Cine Galicia: unha retrospectiva á máquina dos soños. Buscan para iso imaxes e documentos do que foi o centro de ocio da comarca: serven fotos, carteis, tiques, entradas, recortes de xornal... Os que algo poidan aportar deben achegarse o 28 de marzo, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, á sala de vídeo do Ecomuseo Forno do Forte. Dixitalizarase o material e devólvese no propio momento.