Quedou inaugurada este pasado sábado. Visitas ata o vindeiro 28 de marzo
03 mar 2026 . Actualizado a las 19:17 h.«Encantados de ter esta oportunidade»: así dixo Rosario Puente que se sentían os artistas do grupo Lucet con obra presente na mostra que vén de abrirse no centro sociocultural de Baio. Todos eles, ou a inmensa maioría, son da zona compostelá. Galicia, as súas paisaxes, figuras humanas e mar, son o eixo da exposición Galicia en luz e cor, na que tamén hai presenza de Zas. Visitas ata o 28 de marzo, de martes a venres de 15.30 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 14.00. Suman talento María José Puente, Melania Gómez, Ana Cancela, Julia San Martín, Carmen Valverde, Francisco Hervella, Dolores Mato e Salvador Galbán. Tomou parte da exposición, tamén, o alcalde de Zas, Manuel Muíño.