Fran Pallas: «Esta moto ten incluso máis potencia»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Fran G. Pallas, na recepción do Concello de Carballo.
Fran G. Pallas, na recepción do Concello de Carballo. BASILIO BELLO

ECOVOZ | Proclamouse campión do Rali Dakar na categoría sostible

01 mar 2026 . Actualizado a las 22:24 h.

Despois de sete dakares, un namorado da combustión como Fran Gómez Pallas optou no 2024 por probar na categoría sostible do raid máis duro do mundo. Comezou logo unha serie de experiencias coa moto eléctrica que o levou, primeiro, a facer a Ruta 66, e recentemente, a ser campión do Rali Dakar en Arabia Saudita.

—A diferenza nas motos que levou no 2024 e no 2026 expón a mellora da mobilidade eléctrica.

—A do 2024 pesaba uns 220 quilos, mentres que a que levei este ano era duns 150, que xa é máis similar ao dunha moto de combustión. Iso nótase moito no deserto.

—E xa pensa nun novo reto.

—Si, competir na categoría de combustión. É moi difícil pola autonomía, pero falando coa empresa Artic Leopard estamos mirando a posibilidade de levar baterías extraíbles e crear unha loxística para que xente do equipo nos intercepte nalgún punto do percorrido.

—Nota que a xente que compite está valorando pouco esta mobilidade eléctrica?

—Eu son un namorado da combustión e sei que hai xente que pensa que isto, como non fai ruído, é un xoguete. E é unha moto que ten incluso máis potencia. Téñolla deixado a outras persoas e cando a proban, si que ven que é outra historia.