Universidade Sénior en Baio e plan para as Torres de Cillobre: hoxe na Costa da Morte
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO
No caso do plan formativo da UDC, foron case 80 as persoas maiores de 50 anos que se inscribiron
10 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Dúas citas sobresaen na axenda cultural de hoxe na Costa da Morte. Unha será ás 19.30 horas na Casa da Cultura da Laracha, onde o Concello presentará o plan director das Torres de Cillobre nun acto público. Toda a cidadanía e interesados están convidados ao encontro para coñecer de primeira man a folla de ruta que o consistorio ten de cara á «recuperación dun dos espazos patrimoniais máis emblemáticos do municipio», segundo ten trasladado o goberno. Doutro lado, no centro sociocultural de Baio ás 17.00, botará a andar a oitava edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior na Costa da Morte, para maiores de 50 anos. Cifra destacada: anotáronse unhas 80 persoas.