Xurxo, Gala, Ernesto e Unto Vello: foi sábado de talento musical na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Libros e concertos: un xeito de achegarse á música e a todo o coñecemento que comporta 

10 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

«Medre o Casino de Carballo, casa aberta para todas as persoas que desexen compartir cultura e emoción». Foi o desexo do docente e artista Xurxo Souto logo de ter presentado na vila, este pasado sábado, o seu libro A novela do bravú (Xerais). Como el mesmo dixera previamente en Radio Voz, unha obra sobre aquilo que quedou nas marxes deses tempos, fóra dos focos. Pequenas grandes historias da música do pobo. Tamén Xurxo en si é pobo, as súas intervencións son en colectivo, e para mostra a boa compaña doutros creadores o sábado. Con eles, e nutrido público, compartiu estrado, coñecemento e arte.

BASILIO BELLO

Emoción non faltou tampouco ese mesmo día en Vimianzo. Acolleu a Casa Cultura Ecos do tempo, concerto da violinista local Gala Cernadas e do pianista e compositor tinerfeño Ernesto Alemán. Unha conxunción de talento nunha decena de pezas. Fantasía, entendemento, vibracións tradicionais e a fortuna de ver en Vimianzo a consolidación daquela nena que, dende ben pequena, atopou no violín un compañeiro vital.

BASILIO BELLO

Ao tempo que o talento mozo fervía na capital de Soneira, o mesmo en Cee, onde o auditorio Baldomero Cores acolleu igualmente o sábado o concerto de . Xabi Gómez, de Brens, e Bieito Pereira, de Arzúa, ofreceron esa súa música baseada en recollidas que tanto eco está tendo e que nutrirá o disco Inmaterial: presentación o 28 de marzo na Capitol. Unha conexión co pasado e a futuro.