Unha realidade territorial complexa

José Manuel Andrade O FARO

CARBALLO

A Pedra es el lugar en el que se unen Cabana y Zas, en una zona (amplia) de varios restaurantes. Durante la pandemia, Casa Maroñas, justo en la parte de Zas con Nantón, pudo abrir algo más en aquellos cierres municipales obligatorios porque, en realidad, es zasense. La ubicación de esas fincas, a veces inadvertida, fue determinante.
A Pedra es el lugar en el que se unen Cabana y Zas, en una zona (amplia) de varios restaurantes. Durante la pandemia, Casa Maroñas, justo en la parte de Zas con Nantón, pudo abrir algo más en aquellos cierres municipales obligatorios porque, en realidad, es zasense. La ubicación de esas fincas, a veces inadvertida, fue determinante. Ana García

11 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Galicia presenta unha das realidades territoriais máis complexas de Europa. Cunha poboación repartida en máis de 30.000 núcleos, a nosa comunidade combina unha elevada dispersión cunha organización administrativa especialmente densa: catro provincias, 53 comarcas, 313 concellos, 3.772 parroquias, 45 partidos xudiciais e múltiples ámbitos de planificación territorial e sectorial que se superpoñen. Esta fragmentación responde a unha historia e a unha forma de asentamento profundamente vinculada ao territorio, pero tamén condiciona hoxe a capacidade de garantir servizos básicos en condicións de equidade.

Prestar servizos públicos nun contexto así ten un custo elevado e, en moitos casos, resulta economicamente insostible facelo con idéntica intensidade en todos os lugares. A consecuencia é coñecida: os servizos tenden a concentrarse nos núcleos de maior tamaño, reforzando o seu papel como polos de atracción, mentres aldeas e lugares máis pequenos perden poboación e funcionalidade. Este proceso aliméntase a si mesmo. Non obstante, convén introducir matices. En ocasións, a sensación de afastamento dos servizos no rural non responde só á distancia física, senón á falta de alternativas e de adaptación ás necesidades reais da poboación.

A solución non pasa por replicar modelos urbanos nun territorio que non o é, senón por pensar servizos adaptados ao tipo de hábitat que temos e ás relacións funcionais reais entre persoas e lugares, que adoitan ignorar os límites administrativos. Isto implica, cando sexa posible e eficiente, achegar os servizos ás persoas e non ao revés. Servizos a demanda, como o transporte flexible fronte a rutas baleiras, ou a atención no domicilio en ámbitos como os coidados, a saúde ou mesmo servizos privados básicos, que deben contar cunha discriminación fiscal positiva no rural, permiten mellorar a relación custo-beneficio. Pero, sobre todo, nos concellos rurais con pouca poboación e escasa capacidade financeira, o futuro pasa necesariamente por compartir recursos: mancomunar servizos, crear consorcios estables e abordar, sen prexuízos, debates de maior calado como a fusión municipal. Só así será posible garantir servizos sostibles e un rural vivo, funcional e con futuro.