Baile, contos e o último día de pista de xeo, na axenda deste domingo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

O Recuncho Gastronómico de Vimianzo botará hoxe o seu peche
O Recuncho Gastronómico de Vimianzo botará hoxe o seu peche BASILIO BELLO

A Costa da Morte acolle este 11 de xaneiro varias citas, e entre elas, destacadas, estas

11 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Domingo 11 de xaneiro e ademais do Duatlón de Reis en Vimianzo e doutras citas deportivas, tamén estas propostas para vivir na Costa da Morte:

CercedaO ano empeza con ledicia para os máis pequenos, que hoxe poderán gozar de ConcedeClown no auditorio municipal, ás 12.30 horas. Prometen Cuentos, risas y rock&roll, polo que é un espectáculo moi propicio para gozar en familia. O acceso, gratuíto.

Vimianzo • Na capital de Soneira hoxe darase oficialmente por pechado o Nadal. É o último día de funcionamento da pista de xeo na Praza do Concello, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 23.00, con pase final ás 22.00. Entrada: 5 euros. Tamén hoxe será o derradeiro día do Recuncho Gastronómico, con opcións doces e salgadas no iglú da Praza, de 12.00 a 00.00.

MalpicaChegan á súa fin as festas de Seaia, organizadas pola ACD San Xulián. Hoxe terán pasarrúas con Carcaxía, misa ás 12.30 horas, de seguido procesión con Carcaxía e, finalmente, sesión vermú amenizada polo dúo Matices. O campo está cuberto baixo carpa, non lle tema logo ao frío.

A Coruña • Derradeiro día para visitar a exposición Fernando Álvarez de Sotomayor: 1875-1960, na Fundación Barrié. En horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00. Moitas das obras están ligadas a Bergantiños.

Cabana • Baile no Centro de Maiores, ás 19.00 horas, amenizado por Rocío Pérez. O primeiro deste trimestre.