Alumnado do IES Alfredo Brañas poderán ver a obra «Papel 2.0» o 14 deste mes
09 ene 2026 . Actualizado a las 22:48 h.A Deputación da Coruña promove unha nova iniciativa educativa e cultural dirixida á prevención do acoso escolar a través do teatro. Así, alumnado de seis institutos da provincia asistirá entre os días 12 e 16 a representacións da obra Papel 2.0, da compañía Ventrículo | Veloz. A función, escrita e dirixida por Jose Padilla, busca fomentar a reflexión e o diálogo arredor do bullying nas aulas. Ademais de por Neda, Sada, Oleiros, A Pobra ou Oroso, Papel 2.0 chegará a Carballo e máis concretamente ao instituto Alfredo Brañas, onde os estudantes poderán acceder a ela ás 11.30 do mércores 14.