O Abaladoiro | Baiesa e exalumna, Carme V. Valiña protagonizou unha nova sesión do club de lectura do instituto
10 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Unha baiesa e exalumna, Carme V. Valiña, foi a protagonista da máis recente sesión do club de lectura do instituto Maximino Romero de Lema de Baio. Ela, e a súa novela Illa de sangue, merecedora do Premio Repsol de Narrativa Breve 2025.
O encontro, tirando dos personaxes de Helena, Coral ou Raúl, deu para falar da creación da obra, da illa de San Simón e da súa historia, mais tamén dos tabúes e lazos familiares, da ruptura co pasado se este doe ou das consecuencias que trouxo a represión logo da Guerra Civil.
«O club serviu para plantexarnos como as feridas do paso e as relacións co noso entorno máis próximo nos condicionan, así como para pensarmos que teriamos feito nós de ter estado no lugar que esas personaxes ocupan». Memoria e presente están fiados na publicación, unha historia que condiciona a desaparición da protagonista, mais este é unicamente o punto de partida.
As liñas desta obra merecedora do mencionado galardón interpelan por tanto cuestións como a identidade ou a posición propia no mundo. O instituto baiés agradece a visita de Carmen e aconsella a lectura de Illa de sangue.