Compitió en el Mundial de Ironman 70.3 que se celebró en Marbella el domingo
13 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Fabián Amado (Zas, 1991) completou o seu primeiro Ironman 70.3 en Cascais, no 2022. Dende entón non deixou de mellorar e o domingo competiu en Marbella no Mundial desta disciplina, denominada tamén «medio Ironman» e na que hai 1,9 quilómetros de natación, 90 de bicicleta e 21,1 de carreira a pé.
—Como foi?
—Non quedei de todo contento porque non puiden preparala todo o ben que me gustaría. Aínda así é un privilexio competir ao lado dos mellores do mundo. Rematei en 5 horas e 6 minutos, porque o percorrido da bicicleta tiña 1.700 metros de desnivel, que non é habitual. Rematei no posto 260, máis ou menos na metade da miña categoría, de 30 a 34 anos.
—Como se adestra para algo así?
—Para o de Australia, que foi en marzo, comecei en xaneiro. Son vinte horas á semana, nadando catro veces e saíndo en bicicleta outras tantas... Fatiga moito, tanto físicamente como mentalmente. Agora, rematando o ano, estábame custando adestrar.
—Queda enerxía para algún reto máis este ano?
—Para o que queda de 2025 vou colgar as zapatillas e a bicicleta. Ata que pase o Nadal xa vai quedar así.
—Que fixo o día despois á proba?
—Volvín para casa. Saiunos o avión ás seis da mañá e ata nin durmín moito. Foi unha xornada bastante complicada para as pernas (rí).