Portas abertas na Carballeira de Baio co Proxecto Ríos

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

A actividade de Adega, posposta no seu día, será finalmente o 14 de xuño

06 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Adega, co apoio do Concello de Zas, presentará o vindeiro 14 de xuño, ás 10.30 horas, na Carballeira de Baio, o programa de voluntariado Proxecto Ríos: súmate á corrente! A iniciativa fora aprazada no seu día, mais chegou o momento. A xornada de portas abertas incluirá unha visita ao río Grande, para inspeccionar a calidade das augas e a conservación de ribeira. Elixiuse a carballeira baiesa, integrada no Catálogo de Formacións Senlleiras, pola súa biodiversidade. Inscrición de balde a través de formulario web.