Rosalía Fernández e Laura Suárez, finalistas dos Premios Follas Novas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Rosalía Fernández Rial
Rosalía Fernández Rial

Son os dous nomes que representan á Costa da Morte nestes galardóns literarios

04 abr 2025 . Actualizado a las 14:39 h.

Veñen de coñecerse nos últimos días as obras finalistas dos Premios Follas Novas 2025, unha selección feita polo xurado e entre a que se atopan dous nomes da Costa da Morte: a carballesa-muxiá Rosalía Fernández Rial e a dumbriesa-ceense Laura Suárez. No caso de Laura Suárez, optará ao galardón na categoría de Premio ao libro ilustrado, pola obra Luísa Villalta: alma de violino (Xerais), da que participou xunto con Beatriz Maceda e Eli Ríos.

No entanto, Rosalía Fernández Rial concorre no epígrafe de Premio ao libro de teatro, por Fóra de Campo (Galaxia). Os gañadores coñeceranse o vindeiro 26 de abril, durante unha gala que se celebrará no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

Organizan os Premios Follas Novas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua GAlega,  A Asociación Galega de Editoras e tamén a Federación de Librarías de Galicia.