
A Foliada de Carcaxía aprazouse para o 22 e en Santa Margarida preparan a súa para o 29. Antes de todo iso, unha cita en La Ratona
14 mar 2025 . Actualizado a las 00:13 h.Nun ano de Letras Galegas dedicadas ás cantareiras, vai haber moito que tocar e bailar na Costa da Morte, e dende xa. Para este domingo 16 de marzo está previsto o inicio da 12.ª edición do Camiño dos Faros. A etapa inicial, de Malpica a Niñóns, terá na súa metade un alto en Barizo, no antigo Xan, hoxe La Ratona. Alí os participantes gozarán dunha maridaxe de trasnos, pandeiretas e callos, con tocadoras como Icía Varela.
Para este sábado 15, por outra banda, esta prevista a quinta Foliada Carcaxía en Seaia (Malpica), mais foi adiada para o 22. Comezará ás 21.00, con actuación tamén de Unto Vello e, antes disto (19.00), foliadiña e obradoiro de ribeirana a cargo de Mar da Bouzas. Haberá comida e bebida a prezos populares. Promove a ACD Carcaxía. Unha semana máis tarde, o 29 de marzo, celebrarase a Foliada de Montemaior, en Santa Margarida (A Laracha). Terán vermú con Manu Contre, logo churrascada e, das 18.00 en adiante, foliada con grupos diversos. Churrasco, pan, postre e café por 15 euros, anuncia a asociación cultural Montemaior. Tiques á venda no bar Isabel, no Mesón A Taberna e no bar A Tella.