
Destacada xornada a deste 9 de febreiro en Carballo, cunha feira científica na segunda planta do mercado
09 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Domingo 9 de febreiro e, ademais da II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia no mercado de Carballo, todas estas citas:
Cerceda • Mediodía de teatro familiar, ás 12.30 no auditorio municipal. Quen se achegue poderá gozar de Cabicivai, de Pablísimo.
A Mata (Cabana) • Actuaron xa o pasado 18 de xaneiro en Zas, pero para este mes de febreiro, ben pode dicirse así, inician unha pequena xira. Os integrantes do grupo Sen Tempo Teatro, correspondente á Escola municipal de Teatro para Adultos do Concello de Zas, actuará hoxe na Mata, en Cabana. Será ás 17.00 horas, con A voltas co morto.
Levarán este mesmo espectáculo o 22 de febreiro a O Couto (Ponteceso, 22.00 horas) e o 23 a Coristanco (17.15). Vaian gardando oco, pois: se non é nunha cita, na outra. Teñen opción de día e de noite. Dirixe Pablo Soto, Pibe, cun elenco do máis interesante e, coma sempre, o sinal de identidade das súas produccións: compartir unhas boas risas.
Malpica • Festas de San Blas en Santirso. Pasarrúas gon gaiteiros, misa ás 13.00 e vermú co dúo Veneguay.
Carballo • Se a mañá se dedicará á ciencia na segunda planta do mercado municipal, a tarde será para o baile e para os máis veteranos. Nova sesión, de 18.00 a 21.00 horas, amenizada por Mar Davila Dúo.