
Antes da voráxine da fin de semana, este mércores con propostas tamén de interese
05 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Mércores 5 de febreiro, e así vén o día, e a axenda, pola Costa da Morte:
Carballo
Iniciación á edición de vídeo. O Casino de Carballo inicia unha nova xeira de actividades. Hoxe mesmo —con frecuencia semanal e durante os meses de febreiro, marzo e abril— bota a andar un curso de iniciación á edición de vídeo con Premiere Pro: de 19.00 a 20.30 horas, impartido por Eva Lodeiro. Máis información no 646 308 056 ou en vilarino6@hotmail.com.
Que contan os fósiles? Avanza a programación Medrando con Apego, iniciativa de Normalización Lingüística. Nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, ás 17.00 e 18.30, dobre sesión de «Que contan os fósiles?», co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da Universidade da Coruña (Grica), co que o Concello subscribiu convenio. Inscrición: snl@carballo.gal.
Almorzo-charla en Corgal. Corgal Automóviles celebra hoxe, das 09.30 en adiante, un almorzo-charla centrado na innovación e o futuro da mobilidade, co vehículo Kia EV3 como eixo principal. A xornada levarase a cabo nas instalacións de Corgal Automóviles Carballo, no polígono de Bértoa, e vai dirixida a profesionais do sector e entusiastas da emoción interesados en coñecer avances en mobilidade eléctrica.
Costa da Morte
Fin de prazo Universidade Sénior. O programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, a Universidade Sénior, regresa un ano máis ao territorio do GDR Costa da Morte. O municipio de Zas, e mais concretamente o centro sociocultural de Baio, volverá ser o centro de operacións. Aquelas persoas que desexen inscribirse teñen hoxe como último día: vía web ou presencialmente cos ADL locais.