Gastronomía da Costa da Morte na feira gourmet Etiqueta Negra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Diego Trillo, de Pandejuevo (Cee)
Diego Trillo, de Pandejuevo (Cee) ANA GARCÍA

Pandejuevo, A Despensa D'Lujo e Cafés Lúa viaxarán ata Pontevedra da man da Deputación da Coruña

09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación da Coruña volve a saír de viaxe co seu proxecto gastronómico «A provincia que sabe», desta banda á feira gourmet Etiqueta Negra, que se celebrará en Pontevedra dende hoxe e ata o vindeiro luns. De novo, iniciativas da Costa da Morte estarán representadas. Desta banda serán Pandejuevo (Cee) e A Despensa D'Lujo (Coristanco), con sendas degustacións o domingo 10, e Cafés Lúa, que presentará o seu café de Nadal o día 11.