O instituto Eduardo Pondal pon en marcha aulas para o emprendemento na FP
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO
O obxectivo fundamental é que os estudantes acaden habilidades prácticas e teóricas en diversas áreas clave para o mundo laboral
05 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O instituto Eduardo Pondal de Ponteceso levou a cabo a pasada semana unha serie de obradoiros de emprendemento dirixidos ao alumnado de todos os cursos de formación profesional. Foron organizados grazas a unha dotación orzamentaria da Dirección Xeral de Formación Profesional para este tipo de iniciativas. Trátase de que os estudantes acaden habilidades prácticas e teóricas en diversas áreas clave para o mundo laboral.
Entre os asuntos abordados nestas actividades hai que subliñar a importancia de presentar proxectos en público, co fin de que poidan comunicar ideas de forma convincente e clara. Tamén exploraron o uso de determinadas redes como ferramenta para conectarse con profesionais ou a mercadotecnia en liña, entre outras estratexias.