O colexio de Baio puxo en marcha este ano un proxecto ben interesante
02 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O colexio Labarta Pose de Baio puxo en marcha este ano un proxecto ben interesante, A Costa da Morte en 176 días, que inclúe numerosas iniciativas de carácter didáctico e lúdico relacionadas co territorio. Inaugurouse cun vídeo e seguirá cunha especie de informativos nos que se inclúen entrevistas, lendas, gastronomía, estudos demográficos e recomendación de lugares para visitar ou coñecer. E o mércores levaron a cabo unha xornada moi divertida para o alumnado: O Samagosto. Os nenos acudiron ao centro disfrazados e gozaron de xogos populares. Na biblioteca léronse os contos gañadores do concurso de relatos de medo, que versaron sobre o Vákner de Dumbría.
Estudantes e profesores quedaron moi satisfeitos da xornada, pois resultou moi creativa. Ata houbo unha exposición de peóns decorados polos nenos e axudados polas súas familias.
A celebración rematou cun magosto, no que botaron unha man as nais que colaboran no comedor. As actividades foron organizadas polos equipos de normalización lingüística, extraescolares e biblioteca.