Xosé Antonio Andrade e María Solar, man a man nun venres literario en Bergantiños 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

El falou da súa nova publicación, «Os cómaros da vida», e ela, da súa obra «A culpa», que a tantos e tantos lectores seduciu xa

29 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Nunha parroquia como a coristanquesa de Seavia, e mesmo nun dos seus núcleos, o inspirador Segufe, pode habitar un universo enteiro. Sábeo ben o escritor e avogado Xosé Antonio Andrade, que o incorpora nos seus diarios Os cómaros da vida. A obra iniciou a súa xira de presentacións na vila natal do autor, precisamente Coristanco, do cal se congratulou o Concello nas redes. Foron moitos os que quixeron arroupar a Andrade ao redor deste novo fillo literario, íntimo, achegándose ata a biblioteca. Mañá, nunha nova presentación, o escritor pasará por Carballo: 20.00, sede de Espiral Maior, editora do libro.

ANA GARCIA

Quedoulle a Bergantiños un venres ben literario, pois precisamente na vila de Carballo, case ao tempo que Andrade en Coristanco, interviña María Solar na libraría Clarión. Alí departiu con Eva Cameán, libreira, e cos participantes do club de lectura, dunha das obras máis vendidas na historia do establecemento, A culpa (Xerais).