De ensinar cine analóxico en Corme a una residencia artística en Canadá

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

<span lang= gl >Brenda Boyer, elixida na última convocatoria para a residencia en Canadá</span>
Brenda Boyer, elixida na última convocatoria para a residencia en Canadá

Brenda Boyer estará cinco semanas en Toronto traballando no seu proxecto

15 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo de promover, o pasado verán, un taller de cine analóxico no que persoas chegadas de Galicia, Asturias, Cantabria e Irlanda aprenderon sobre a materia en Corme, o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña segue a impulsar actividades como unha residencia artística que permitirá a unha creadora participar nunha estadía de cinco semanas en Toronto, Canadá.

Froito da colaboración con Acción Cultural Española e o LIFT, unha entidade canadense de cineastas independentes, esta é xa a oitava convocatoria. Brenda Boyer, beneficiaria nesta edición, explorará durante a súa estadía o proxecto «tortuga [pasaje cromático #4]», no que aproveita o tempo, a luz do sol e a súa traslación, o movemento das sombras provocado polo vento e outros elementos para colorear a paisaxe a partir da superposición de capas e filtros RGB, explican desde o S8. A obra resultante será estreada na vindeira edición do festival, en xuño de 2025, co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Corme

Moi positiva, indican dende a organización, foi a experiencia vivida o pasado verán en Corme. Álvaro Feldman, un dos maiores expertos en celuloide en España, impartiu un obradoiro no que os participantes puideron «familiarizarse coa Bolex e outras cámaras de 16mm e Super8, experimentar con diferentes técnicas e velocidades de filmación de día e de noite, enfiar as súas películas nas espirais, revelalas, montalas e presentalas de xeito grupal ao pobo de Corme, que acolleu calidamente o evento», apunta o S8.