Espectáculo, literatura, cinema, festas e baile social, hoxe na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Segue a programación das Letras Galegas na comarca

19 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Segue a programación das Letras Galegas na comarca. Na Laracha haberá hoxe un espectáculo de música e baile tradicionais ás 18.00 na Praza Les Sables d'Olonne. Actúan asociacións locais.

No local social de Cances, á mesma hora, presentarase o libro Os peidos máxicos de Sultán, de Marta Villar, con actuación musical de Marta Méndez, un sorteo e pinchos.

Xa en Cee, nos Cines Xunqueira, regresa o exitoso filme A Esmorga, cun coloquio previo co director Ignacio Vilar. Será, tamén, ás seis da tarde.

Por outra banda, continúan este domingo as festas do Espírito Santo en Camelle, Mens e A Silva, e outras en As Encrobas e Fisterra. E haberá baile social en Carballo, Ponteceso e Malpica.