O Rosalía de Castro completa a segunda volta do Ecopreguntoiro

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CARBALLO

Estudantes do CEIP Rosalía de Castro
Estudantes do CEIP Rosalía de Castro

Ecovoz | Volveu o concurso tralo parón da Semana Santa e o centro lucense saiu victorioso no último programa

08 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras o parón por Semana Santa, volveu o concurso Ecopreguntoiro de Ecovoz, que deu por finalizada a súa primeira ronda cun enfrontamento entre o CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo) e o CPI Plurilingüe O Rodeiro (Pontevedra). Os lucenses impuxéronse por 9-4 e completan así a segunda volta.

Participantes do CPI Plurilingüe O Rodeiro, de Pontevedra
Participantes do CPI Plurilingüe O Rodeiro, de Pontevedra

Nesta segunda ronda, na que os alumnos e alumnas de sexto de primaria xa se xogan o pase ás semifinais, haberá os seguintes enfrontamentos: CEIP A Ponte-CPR Manuela Rial Mouzo (venres 12 de abril), CPR Sagrado Corazón de Placeres-CPR Plurilingüe La Merced (venres 19 de abril), CEIP Padre Crespo-CPR Plurilingüe La Encarnación (venres 26 de abril) e CEIP Celeiro-CEIP Rosalía de Castro (venres 3 de maio).

Quedan así cada vez menos semanas desta nova edición do Ecopreguntoiro, do que a final será o vindeiro venres 31 de maio. Dos dezaseis que comezaron, xa so quedan oito.