Dez anos e cen poemarios de Medulia Editorial: aniversarios redondos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Diana Varela Puñal é natural de Corme.
Diana Varela Puñal é natural de Corme. BASILIO BELLO

Un dos piares de Medulia é a cormelá Diana Varela Puñal. Veñen datas especiais para este proxecto 

15 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Cumpriranse este venres, mañá mesmo, dez anos da creación de Medulia Editorial, ben vinculada á Costa da Morte, non só pola publicación de obras de autores desta comarca, senón tamén porque unha das súas fundadoras é a cormelá Diana Varela Puñal, asemade escritora. Non será a única efeméride para Medulia nestes días, en tanto que neste 2024 chega tamén ao número 100 da súa colección de poesía. O libro co que se acada esta tan redonda cifra é a obra gañadora do concurso de poesía O Facho, un emblemático certame do que teñen recibido galardón autores tan destacados como Manuel Rivas, Pilar Pallarés ou Miguel Anxo Fernán Vello. Trátase do poemario A outra patria, de Simón Rodríguez, escritor nacido en Caracas, pero que adoptou o galego como lingua propia. A presentación ao público do poemario será o vindeiro 20 de febreiro, indicaron dende a editorial, que festexa así dez anos de historia.