Promove esta iniciativa o Cafi, e será o 23 deste mes, con punto de partida no Cee natal do autor
06 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.23 de septiembre • O Centro Autonómico de Formación e Innovación (Cafi) promove para o vindeiro 23 unha ruta polos espacios vitais e literarios do ceense Miro Villar. Será desta vila da que parta, mais tamén se adentrarán os asistentes en Corcubión, O Ézaro ou Fisterra, mesmo con saída en barco para o solpor. De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, aproximadamente. Unha boa proposta, pois, para o profesorado.